III Semana da Paleontoloxía: obradoiros infantís
Obradoiros prácticos para que nenos e nenas descubran a paleontoloxía, os fósiles e a historia da Terra a través do xogo e a experimentación.
Sobre el evento
Esta actividade infantil propón unha aproximación práctica e divertida á paleontoloxía para participantes de 4 a 12 anos. As nenas e nenos poderán asumir o papel de pequenos investigadores e achegarse ao traballo paleontolóxico mediante diferentes experiencias:
- Escavación e descubrimento de fósiles.
- Identificación de especies fósiles.
- Creación de réplicas con arxila.
- Xogos de pistas sobre a historia xeolóxica da Terra e o movemento das placas tectónicas.
As actividades están adaptadas ás distintas idades e combinan divulgación científica, creatividade e participación. A proposta está organizada polo CICA e o Instituto Universitario de Xeoloxía da Universidade da Coruña, coa colaboración de CITEEC, os Museos Científicos Coruñeses, as Bibliotecas Municipais, UDC Big Bang, o Concello da Coruña e Bar Árnica.